Un curso forma desde esta tarde no centro sociocultural de Fontiñas a coidadores de persoas que sofren a enfermidade de alzhéimer. Organízao a asociación Agadea, e na inauguración estará a edil de Benestar Social e Muller, Mar Martín; a fiscal Aránzazu San José; o neurólogo Alfredo Robles e os profesionais que traballan habitualmente con Agadea.
Aos asistentes ensinaránselles diferentes estratexias para coidar a quen padecen demencias e, ao mesmo tempo, coidarse elas mesmas para evitar caer enfermas pola presión que esixen eses pacientes, que requiren unha atención cada vez máis constante ao non valerse por si mesmos.
A evolución dos pacientes e os tratamentos farmacolóxicos, a planificación da vida diaria, a actuación da familia, a comunicación cos afectados, os coidados de enfermería que necesitan, a fisioterapia, cuestións legais que se deben ter en conta, e recursos sociais existentes que poden apoiar na asistencia son as principais cuestións que van abordarse. O curso durará oito xornadas, con 16 horas en total, con sesións polas tardes, de 20.00 a 21.45.
Fuente: lavozdegalicia.es