Cesta de la compra

{{#if has_items}}
{{#each line_items}}
{{ full_title }}
{{ quantity }}
{{{ subtotal_human }}}
{{/each}}
Subtotal {{{ subtotal_human }}}
{{#if coupon_name}}
Cupón de descuento {{ coupon_name }} - {{{ coupon_discount_human }}} x
{{/if}} {{#if donation}}
Donación {{{ donation_human }}}
{{/if}}
{{#if shipping_handling_left_for_free}}
(Te quedan {{{ shipping_handling_left_for_free }}} para que el envío sea gratis)
{{/if}}
{{#if tx_okstock}} Envíos en 72h. {{/if}} {{#if delivery_date}} El pedido te llegará el {{ delivery_date_human }} {{/if}}
Total {{{ total_ceafa }}}
{{else}}
Actualmente no tienes nada en la cesta de la compra. Ir a la tienda.
{{/if}}

Charla para cuidadores de enfermos de alzheimer no Concello do Irixo

Para hoxe, ás 17:30 horas, no edificio multiusos do concello de Irixo, está prevista unha charla para familiares e coidadores de enfermos de alzheimer e outras demencias.

Dita charla está organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño e a asociación de enfermos de alzheimer de Ourense (afaor). Dende o Programa de Educación Familiar, véñense realizando durante o ano, charlas informativas nos diferentes concellos da mancomunidade, co fin de previr e informar á poboación sobre diversas problemáticas de interese.

Os veciños de Piñor aprenderán a evitar o consumo compulsivo

O Concello de Piñor informa de que o vindeiro venres 30 de outubro, terá lugar ás 16:00 horas un obradoiro sobre consumo responsable. A actividade desenvolverase no salón de plenos, e o obxectivo será dotar ós participantes de pautas de consumo axeitadas, evitando as compras compulsivas ou o consumo indiscrimidado de produtos ou servizos (auga, electricidade, etc). Co fin de educar a nosa poboación realizarase unha charla participativa, que rematará en torno ás 20 horas.

Avantar organiza ‘Tasca e Literatura’

A asociación cultural Avantar organiza no Carballiño para o domingo, día 1 de novembro, a súa tradicional actividade de ‘Tasca e Literatura’, que se celebrará na Adega de Flores a partir do mediodía. O recital poético, no que participan autores locais e invitados, complementarase coas actuacións musicais dos grupos Amigas da Muiñeira de Carballiño, e Os Sarandeiros de Boborás.

Fuente: laregion.es

Con la colaboración de